O Grupo de Clarinetes do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol nace no ano 2009 froito do esforzo colectivo dos clarinetistas deste conservatorio. Os seus comezos foron duros, chegando en algunha ocasión a dubidar de se se chegaría a constituír o grupo.
A situación extraoficial desta actividade (fora dos horarios oficiais) dificultou moito a propia constitución do grupo. Por exemplo, a posta en común dunha hora de ensaio na que puidese vir suficiente xente. Finalmente, tras importante sacrificios chegouse a un acordo, froito do cal temos hoxe esta agrupación musical. Tamén influiu na propia organización do grupo, pois non había profesores dispoñíbles para dirixirnos. O grupo organízase a sí mesmo, sen lideres, tan só co apoio incondicional dos profesores de clarinete do CMUS "Ferrol" que nos aportan partituras e os seus consellos: Francisco San Ramón Calvo e Jose Luis Vázquez Lorenzo. E tamén á hora de conseguir un lugar de ensaio, por varias razóns, entre elas non estar a cargo de ningún profesor e a sobreocupación do conservatorio.
Este grupo ten antecedentes noutras experiencias previas, coma o Quinteto desenrolado durante o curso 07/08 polo profesor Francisco San Ramón Calvo ou as clases colectivas impartidas pola profesora Mariola Gil Lago.
Os membros deste primeiro grupo (curso 2008-2009) son todos alumnos de Grao Profesional do devandito conservatorio: Alejandra (2º GP), Cristina (4º GP), Desiré (2º GP), Iván (5º GP), Laura (4º GP), Paula (2º GP), Rocío (2º GP) e Tania (Clarinete Baixo,2º GP).
O nome do grupo, "Pensando en clarinete" fai referencia a un ilusionante proxecto desenvolto fai 6 anos, cando os alumnos de clarinete publicamos unha revista coas nosas impresións sobre o clarinete. O nome da revista era, como non: Pensando en Clarinete.
Durante o curso 2009-2010 se amplía o grupo establecéndose unha clase colectiva de Grao Profesional a cargo do profesor Iván Maia Boullosa, a quen queremos agradecer a súa inestimable dedicación, sempre intentando a consolidación do grupo.

viernes 17 de abril de 2009

Curso de clarinete: VENANCIO RIUS

A foto corresponde á ultima vez que Venancio estivo en Ferrol, en abril de 2003.
Venancio Rius

CMUS "Xan Viaño" de Ferrol

8, 9, 10 de maio de 2009 en sesións de mañá e tarde os tres días.
Inscripción ata o luns 4 de maio, inclusive.

Matrícula:
- Alumnos do conservatorio de Ferrol: 60 €
- Alumnos : 80 €
- Oíntes : 30 €

Prazas limitadas, aceptaranse por orde de inscripción.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada